Novamente contamos con xogos que tan amablemente nos presta a asociación de xogos tradicionais e o concello do Grove. E este ano tamén estreamos os nosos propios xogos.
O pavillón do centro foi o campo de xogos para o alumnado de 3º,4ºe 5º, a zona de paso, foi o lugar de xogos para o alumando de 1º,2º e 3º, debido ao mal tempo tivemos que utilizar o gimnasio e os porches do colexio.
O alumnado de E.Infantil gozou da xornada de xogos na súa zona. Elaboraron uns fantásticos cestiños para as súas castañas.
O alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos. Todos/as gozaron pasando polos postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.
Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que
nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.
PASÁMOLO XENIAL!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!