22.10.26

SAMAÍN

Xa estamos en tempo de cabazas e con elas a festa do Samaín.

 


Como todos os anos facemos a nosa exposición de cabazas que despois baixaremos ao mercado do Calvario para que queden alí expostas.

Na sala de mestres deixamos unhas actividades para traballar esta festividade.Algunhas foron elaboradas polo EDL.





21.10.26

21 DÍAS CO GALEGO

Este ano, participaremos na novena edición de @21dcgemais. Este programa busca promover o uso do galego entre a rapazada e a comunidade educativa.
Pronto iremos amosando as diferentes actividades que organicemos.


2.10.26

VOLTAMOS A VERNOS

Xa estamos aquí de novo esperamos que descansárades moito este verán e veñades cheos de enerxía.
Este curso imos traballar o tema do mar, así que preparádevos para aprender moitas cousas.


Dende a biblioteca fixeron un concurso para elexir o logo para este curso.






18.6.26

O GALEGO NO COLE

E rematamos este curso, con algúns dos moitos traballiños feitos polo noso alumnado onde o galego está moi presente.

CONCURSOS:

Participamos no concurso "O Parque Nacional coa Escola" do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e foi premiado cunha visita guiada á Illa de Ons cos guías do Parque Nacional.
Os contos premiados elaboráronse de xeito colectivo e neles participou o alumnado e as familias.
Os traballos están expostos no Centro de Visitantes do Parque Nacional de Vigo (rúa Oliva 3).
Adxuntamos como mostra un dos contos: "Lúa e os seus amigos mariños", que está elaborado con diferentes técnicas e inclúe unha maqueta dos personaxes do conto.






RECOMENDAMOS LIBROS:

Creativas e Os soños de Lenda





Erín e o lobo









TRABALLAMOS O 8M:







PALABRAS ESTRELA:



                        







ESPALLANDO O GALEGO POLO COLEXIO:

Os maiores do cole, expuxeron os seus traballos a outros nenos e nenas de diferentes aulas.











Tamén noutros cursos fixeron os seus traballiños en galego.
















18.5.26

COLABORACIÓNS

Para celebrar o Día das Letras Galegas no cole, o alumnado de 5º e 6º de primaria, representaron  unha obra de teatro onde fixeron un percorrido pola vida e a obra de Begoña Caamaño.






Todo o alumnado foi a vela, incluso tiveron unha visita inesperada: o alcalde de Vigo, Abel Caballero, non quixo perderse esta función.






No seguinte enlace podedes ver a noticia:

https://xornal.vigo.org/noticias/33462-o-alcalde-celebra-o-dia-das-letras-galegas-co-ceip-o-pombal



Tamén colaboramos coa biblioteca de proximidade X. Neira Vilas, facendo unha exposición cos traballos feitos polo noso alumnado para coñecer e lembrar a Begoña.






E rematamos esta semana adicada ás Letras Galegas e a Begoña Caamaño, cunha merendola para agradecer todo o esforzo que fixo a nosa rapazada.






"LAPEXADA NO POMBAL"












13.5.26

BEGOÑA CAAMAÑO



Este ano, coma ven sabedes, o Día das Letras Galegas está adicado a Begoña Caamaño. 

Veciña do noso barrio do Calvario, loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade, tecendo redes de amizade e escribindo. Nas súas obras, deulles voz e puxo no centro a mulleres que a literatura deixara nun segundo plano.

Na seguinte presentación podedes ver e escoitar un pouquiño máis sobre a súa vida.




Na sala de mestres, tamén deixamos moitas actividades e información sobre Begoñísima.




No seguinte enlace, podedes descargar máis propostas de actividades para traballar nos distintos niveis:

https://drive.google.com/drive/folders/1_oYknwqSRK9qI9SrYx0VdNduploFgp8K



 PARA SABER MÁIS , PREME NAS IMAXES


Min: 39:45


    

      
PARA  "AQUELAS QUE DIXERON NON"


A CONEXIÓN LITERARIA FEMINISTA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026









PARA COLOREAR:


PREME NA IMAXE


BIBLIOGRAFÍA:


Sinopse

A través dos textos de Icía e Xosé Manuel Varela e as evocadoras ilustracións a dobre páxina de Nerea Gómez, o alumnado poderá mergullarse: Na pegada vital da autora: Desde a súa infancia no Calvario e a súa formación, ata a súa faceta como xornalista de radio e prensa e o seu incansable activismo social. Nos recursos didácticos integrados: O libro inclúe mapas do mundo grego e da Materia de Bretaña, así como redes de personaxes que facilitan a comprensión das súas grandes obras, Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle. No legado de actualidade: Outros capítulos amósanos a presenza viva e actual do legado da autora das letras como foi a homenaxe Begoñísima ou a mención ao seu premio homónimo que permiten traballar na aula valores como a igualdade, a sororidade e a memoria histórica. Escoller este libro para o centro supón dotar á biblioteca dunha peza de coleccionista que combina o rigor informativo coa beleza estética. É a ferramenta ideal para que o alumnado conecte emocionalmente cunha muller que soubo viaxar polas nosas raíces para explicarnos o mundo contemporáneo.



Sinopse

 A vida de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, foi un fío extraordinario que se pode seguir nas páxinas desta biografía ilustrada. Desde a súa infancia inventando xogos ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega, Begoña loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade, tecendo redes de amizade e escribindo. Nas súas obras, deulles voz e puxo no centro a mulleres que a literatura deixara nun segundo plano. O fío de Begoña rompeu cedo de máis, pero os fíos da memoria permanecen e manteñen vivo o legado dunha figura clave na cultura galega contemporánea.


Sinopse


Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada nas Letras Galegas de 2026, foi unha muller excepcional que fixo da palabra un acto de rebeldía e sororidade. Nesta biografía novelada, catro voces míticas -Circe, Penélope, Morgana e Xenebra- reúnense para narrar a vida desta autora fundamental, desde a súa infancia en Vigo ata o seu papel clave na cultura galega contemporánea. Xornalista, activista e escritora, Begoña Caamaño loitou pola igualdade, a dignidade e a liberdade nunha Galicia en transformación, tecendo redes de amizade e compromiso. Un relato apaixonante que nos convida a descubrir a forza da amizade, a importancia da memoria e o poder das mulleres que, como Begoña, lles devolveron a voz ás esquecidas.




begoña caamaño. pequena biografia-tania solla-9788412623543

Sinopse

"É o momento non de cambiar as regras, senón de cambiar o xogo. É o momento de mudar o mundo, de introducir transformacións profundas e estruturais, pero tamén conceptuais; é o momento do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e tamén, por que non?, da felicidade".




A nena que perdeu un zapato na lama axuda a comprender as raíces da obra posterior de Caamaño, marcada pola atención ás voces silenciadas, pola relectura do mito e pola vontade de pensar o mundo desde outros puntos de vista. Nestra proposta, desvélanse algunhas das claves vitais e simbólicas da autora homenaxeada.