4.5.25

CERTAME MUSICAL "LETRAS GALEGAS 2025"

Como no Día das Letras Galegas deste 2025 homenaxéase ás cantareiras populares, o Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe O Pombal propón á comunidade educativa un certame musical.

BASES DO CERTAME MUSICAL "LETRAS GALEGAS 2025"

🎵1. PRODUTO: o certame consiste na gravación dunha canción en galego, que pode ser inventada ou existente.

🎵2. PARTICIPANTES: poderán participar o alumnado e as familias do CEIP Plurilingüe O Pombal, podendo facelo en solitario ou en conxunto.

🎵 3. PRAZO: poden enviarse as cancións ata o 20 de maio.

🎵4. COMO PARTICIPAR: as persoas participantes deben gravar unha canción en galego. Aconsellamos facelo con vocaroo (preme para acceder), que é unha páxina gratis, sen rexistro e moi sinxela, mais vale calquera outro progra
ma de gravación.

🎵5. ENVÍO DAS CANCIÓNS: as cancións deben enviarse seguindo esta ligazón ou premendo no icono.

🎵 6. PREMIOS: haberá diferentes premios en función do número de participantes e da calidade das obras.

🎵7. XURADO: estará composto polo profesorado do centro que compón o Equipo de Dinamización Lingüística,  polo Equipo Directivo e pola profesora especialista en Música.

🎵 8. ACEPTACIÓN DAS BASES: a participación no certame é totalmente voluntaria e implica a aceptación destas bases. 





2 comentarios:

  1. No deja adjuntar el archivo de audio, da error en el servidor

    ResponderEliminar
  2. Ola. Podes enviar o arquivo ou a ligazón, senso esta segunda opción moito máis fiable. Proba así ou comunicállo á túa titora. Grazas.

    ResponderEliminar

Comentario en proceso de revisión. Grazas!