Os Equipos de dinamización da lingua galega propón iniciativas que contribúan, tamén agora, ao fomento do noso idioma:
Curtas de
animación do Programa Nós tamén creamos! que podedes atopar na aplicación do
Xabarín Club http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg (premendo
no X) e, así mesmo, en http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019.
Por outra banda, a organización do certame Olloboi 2020 acaba de convocar unha nova categoría, Olloboi COVIDeo Doméstico, á que poderán presentarse vídeos gravados desde os fogares. O curso Aprendo con Olloboi (https://blog.olloboi.com/aprendo-con-olloboi/) pode ser de moita axuda para realizar este traballo. Atoparedes máis información en https://www.olloboi.com/olloboi-codvideo/.
Alén das actuacións anteriores, cómpre destacar Aulas Galegas, un portal educativo sen ánimo de lucro que vén de nacer, no que un grupo de docentes pon á disposición de toda a comunidade escolar recursos didácticos e de lecer da maioría das materias curriculares, todos en galego. Podedes consultalos na seguinte ligazón:
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_1249/portal-educativo-aulas-galegas
Novidades relacionadas cos equipos de dinamización da
lingua galega
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!