7.5.20

O Día das Letras Galegas

Cada 17 de maio celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.

Descarga aquí a ficha: Primavera das Letras(.pdf)


 
Como xa sabemos este ano as celebracións oficiais do Día das Letras Galegas aprazáronse para o 31 de outubro. será nesa data cando se leven a cabo os actos oficiais que As Letras Galegas dedican á figura de Ricardo Carvalho Calero, filólogo, escritor e mestre. 
Aínda así a RAG quere que o 17 de maio sexa unha celebración colectiva e para iso botaremos man das posibilidades que nos ofrece o mundo dixital. 

Unidades didácticas para traballar por cursos.

Tedes máis información no Seminario Galán.

Participar en premios.

-Premios aRi[t]mar Galiza e Portugal: esta iniciativa xurdida na EOI de Santiago de Compostela para potenciar os vínculos entre Galicia e Portugal a través da música e a poesía, xa chegou á fase das votacións; logo da selección dos poemas finalistas, o público poderá votar ata o 20 de maio no web 
 
Máis información en:


 
- Enreguéifate 2020​: este concurso de regueifas mantén a data  de presentación dos vídeos ata o 29 de maio. Co fin de facilitarvos o traballo, a organización ofrécevos consellos para regueifar e instrucións para gravar: 

- Contádenos o voso Día das Letras: un certame convocado pola RAG para promover entre os nenos e as nenas de infantil e primaria o desenvolvemento de actividades sobre Carvalho Calero. O prazo para envialas remata o 30 de xuño. Tedes as bases en:

Premios de Podcast O Vello dos Contos “Xosé Mosquera Pérez”: este concurso que fomenta a difusión da figura de Carvalho Calero e do patrimonio inmaterial galego e portugués ampliou o período para remitir os audios ata o mes de setembro

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0098/certame-escolar-podcasts-galego-xose-mosquera-perez.

As miñas primeiras Letras Galegas.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición do público infantil esta serie audiovisual dos Bolechas, baseada na colección de libros do mesmo título, sobre a vida e a obra dos principais autores galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Capítulos publicados:
Preme no nome dos  autores para ver os videos. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!