Benvidos un curso máis ao blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe O Pombal.
Nel amosaremos as actividades, acontecementos, traballos, informacións, recursos, noticias e opinións sobre todo aquilo que se está a facer no noso centro e engadiremos informacións sobre outros aspectos da nosa cultura:
- Oficios tradicionais.
- Refráns e ditos.
- Enlaces de interese
O noso obxectivo principal é que a nosa lingua se empregue cada día máis, integrándoa nas accións do día a día: saúdos, lectura de contos, cantigas, música galega, refráns,...
- Esperamos que este blogue sexa un medio dinamizador que tenda unha ponte entre a comunidade escolar e a lingua galega a través da rede, achegando as posibilidades educativas das TAC.
Animádevos a participar escribindo as vosas achegas ao seguinte correo: elblogdelpombal@gmail.com
Equipo de Dinamización
Lingüística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!