Este curso de película, tamén o Nadal terá que celebrarse con distancia de seguridade, pero aínda así, non queremos perder a ilusión destes días. Por eso queremos deixarvos algunhas ideas para que o espíruto do Nadal entre nas aulas e nas casas.
Esperamos que vos guste!
Recursos para traballar o Nadal:
Educación Infantil:
Enche de cor o Nadal con estes mandalas:
e con estes marcapáxinas (preme na imaxe para ver máis ideas):
1º ciclo:
Agasalla no Nadal enchendo o peúgo de palabras agarimosas (preme nas imaxes para ver máis):
2º ciclo:
Panxoliñas (preme nas imaxes para escoitar as panxoliñas):
(imaxes de Leandro Lamas)
3º ciclo:
Desde o equipo de dinamización da linga galega queremos propoñervos un reto a todo o alumnado de 5º e 6º. Gustaríanos que cada un de vós creedes un conto ou relato de Nadal que teña como protagonista ao Apalpador, un personaxe moi coñecido por todas e todos, para posteriormente compartilos con todo o cole. Así, a través dos vosos relatos poderedes visitar as diferentes aulas do centro, neste Nadal diferente. Se queredes participar so tedes que deixar voar a imaxinación e cumprir dúas condicións: Que o protagonista da historia sexa o Apalpador e que estea escrita en galego.
Podes acompañalo dalgunha ilustración. Anímate!
(imaxe de Leandro Lamas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!