Xa estamos en novembro e este mes cheira a castañas asadas. É unha mágoa que non poidamos mandar ese olor polo blog, pero se premes na imaxe poderás ver un pouquiño máis do que imos falar nesta entrada.
O Magosto ten a súa orixe na celebración das colleitas de outono, por iso a tradición consiste en asar castañas. Se recordades, isto ten moito que ver co Samaín, do que falamos na entrada anterior. E é que o Samaín e o Magosto están moi relacionados na súa orixe e no que significan. As dúas festas teñen un componente de agradecemento polos froitos
recollidos antes da chegada do inverno e tamén como acto
social de reforzo da
comunidade.
No colexio celebraremos o Magosto o día 12. Asaremos castañas e cantaremos a cantiga popular Non chas quero (pincha na imaxe para escoitala).
Se queredes traballar máis esta saborosa tradición, deixámosvos tamén algúns recursos e información nos seguintes enlaces.
E, por suposto, para recomendacións literarias tedes a nosa biblioteca coas súas propostas sempre interesantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!