Xa estamos no mes de decembro, no mes de Nadal, e queremos aprender un pouco máis do Apalpador para ver se nos visita e nos trae un puñadiño de castañas...
( Pincha nas imaxes para escoitar algo de música)
Quen é?
O Apalpador é un personaxe mítico do Nadal galego, que desde hai uns anos está sendo recuperado por distintas asociación e centros sociais por toda Galicia.
Desde o interior de Lugo, do máis profundo do Courel e do Cebreiro, un xigante de profesión carboeiro, baixa das montañas para visitar as máis pequenos e comprobar se cada ano están ben alimentados.
Ilustración de Leandro Lamas
Cómo é?
Un vello grandón, apracible e barbado que se dedica ao carbón. Usa boina, casaca e pantalóns esfarrapados e cheos de remendos; fuma en pipa e aliméntase de baias salvaxes e dos xabarís que caza.
Onde vive?
Conta a lenda que nas devesas das montañas de Lugo e de Ourense, onde tamén se lle chama Pandigueiro
Que fai?
Na noite do 24 ou 31 de decembro, baixa das montañas para visitar ós nenos e nenas que están durmidos. Entón apálpalles a barriga para ver se están fartiños ou se pasan fame e déixalles unha presa de castañas.
Nestes enlaces tedes algunha proposta máis:
unidade didáctica e monicreque para montar
O Apalpador é o personaxe galego, Papá Noel ou Santa Claus o máis internacional, pero vexamos outros personaxes típicos destas datas noutras culturas:
Os Trubincos
Estes personaxes mitolóxicos asociados ao Nadal son tradicionais da Parroquia de Salcedo, no sur da Cidade de Pontevedra. Estas criaturas amigas do enredo e de remexer as cousas, baixan pola cheminea na noite de Noiteboa e se na casa non se teñen preparadas unas piñas con brea para darlles de agasallo fanche trasnadas e revólvenche todo no fogar.
Esteru
Este leñador da tradición cántabra leva regalos aos nenos no día de reis. É un home forte, con boina, pipa e unha gran barba. Sempre vai acompañado do seu machete e un bastón. Ao acercarse o Nadal deixa de lado a súa profesión para dedicar todos os seus esforzos a fabricar xoguetes para os nenos.
Olentzero
Trátase, igual que O Apalpador, dun carboeiro que vive no bosque. Na noite de Nadal entrega regalos para toda a familia no País Vasco e Navarra. É un home barrigudo que viste con roupa vella e adoita estar manchado de carbón.
Tió de Nadal
Nesta ocasión trátase dun tronco (“tió” en catalán significa “tronco”). A noite de Nadal cóbrese cunha manta e golpease cun pau mentres se lle canta a canción de “caga tió” para animalo a que deixe doces e regalos por debaixo da manta.
Vieja del Monte, Vieya el monte, ou Güela el monte
Esta é a única muller que encontramos dentro das tradicións da península dos personaxes que entregan regalos ou comida en Nadal. É unha anciá que vive nunha cova nos montes de León e que amasa e coce pan para os nenos.
Tientapanzas
Este personaxe que nos recorda moito ao do Apalpador, é tradicional de Écija, Sevilla. Recorre a vila a fin de semana entre o día 24 e a noite do 31. Ao final da cabalgata recibe aos nenos, tócalles a barriga e dilles que sigan comendo así todo o ano. A recomendación vai acompañada dun regalo.
L’anguleru
É un home que acude a noite do 24 de decembro a Asturias para levar regalos aos nenos da zona. Chega a través do río Nalón e a súa profesión é a pesca da angula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!