14.2.22

Día de Rosalía

  A Fundación Rosalía de Castro reuniu a representantes de institucións culturais e educativas para tomar a decisión de cambiar o Día de Rosalía ao 23 de febreiro, logo do recente descubrimento que corrixe a data de nacemento da autora.

Para conmemorar esta data, desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega do Pombal, queremos propoñer algunhas iniciativas, que esperamos sexan do voso interese (pincha nas imaxes para máis información).

Para os maís pequenos propoñemos un genially que elaboraron no cole de Atín - Cela e que está moi interesante:

No concello da Estrada, cada ano, renden a súa homenaxe particular á figura de Rosalía de Castro a través dun video clip gravado por unha selección de persoas, o ano pasado fixérono un grupo de persoas pertencentes ao ámbito da mediciña e das emerxencias sanitarias. 

Queremos compartir con vós esta bonita iniciativa:

 

Outra iniciativa interesante é o Roteiro Rosaliana, que é un recorrido que se fai polos lugares máis singulares na vida da poetisa. Todos estos espacios están vencellados sentimentalmente coa escritora, manifestándose de forma patente na súa obra poética. 

 cartel de la ruta rosaliana  


En Vigo tamén temos unha interesante proposta: o Vigo dos cantares:

 

E sen saír da casa, podemos visitar tamén a casa museo de Rosalía a través da nosa pantalla: 

 

E por último, coma sempre, non deixedes de visitar o blog da biblioteca coas súas interesantes aportacións:

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!