Esta semana xirará en torno á celebración do día da muller, o día 8 de marzo.
Temos moitos exemplos de mulleres galegas loitadoras que poden ser exemplo e referente para todas e todos, pero este ano soan moi forte as Tanxugueiras, por iso queremos destacalas nesta conmemoración.
Pinchade nas imaxes para escoitalas.
Para quen aínda non as coñeza, as Tanxugueiras son un trío de pandereteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro.
Comezaron a traballar xuntas baixo o nome de Tanxugueiras en 2016.
O nome do grupo provén da toponimia: trátase do nome dado a fincas nas que é habitual que haxa teixugos, e que na zona de Fumaces, municipio de Riós (provincia de Ourense), se denomina tanxugo. A particularidade destas fincas é que acostumaban a estar cerca das aldeas e eran zonas ás que non accedían os lobos, polo que ademais ten unha connotación de sitio seguro.
O grupo traballa coa música tradicional galega tratando de darlles ás pezas unha sonoridade máis contemporánea.
Buscan tamén salientar temas como o respeto por la diversidade lingüística e o empoderamento da muller.
Distrutádeas, que veñen pra quedar!
E non deixedes de consultar as recomendacións da biblioteca:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!