Un ano máis damos a benvida a todo o alumnado e familias do noso colexio!
Como sabedes imos facendo moitas actividades a partires do lema da nosa biblioteca Castelao:
"SEMENTANDO FUTURO NO POMBAL”
Este curso 2022-23 comezamos o blog de dinamización da lingua galega sementando creatividade co novo alumnado de 3 anos, para o Samaín e para que medren moito estas novas sementes.
Lemos moitas veces o contiño de BUSCAR de Olga de Dios!
Os cativos e cativas despois de moito buscar e buscar... MIRADE O QUE ATOPAMOS! ATOPAMOS O SAMAÍN!
Se aínda tes ganas de festa ven con nós a ollar todo o que traballaron e fixeron os maiores!
Porque si Cheiras un pouco... UMMM...! XA RECENDE A MAGOSTO
Non esquezades consultar os últimos recursos dos EDLG que difundimos no Portal da lingua galega (Outono, Magosto e Samaín, Mes da Ciencia en Galego...):
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!