O 3 de decembro de cada ano, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, establecido en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, e representa unha oportunidade para reflexionar e promover as accións necesarias para garantir os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.
No cole quixemos conmemorar esta data creando entre todos este bonito paraugas.
Os cativos e as cativas de Educación Infantil decoraron as pezas con diferentes texturas: dende a terra, sementes, alimentos naturais co seu fermoso colorido, ata outros máis elaborados pero moi básicos na alimentación (fariña, pan raiado, pasta, etc.).
En Educación Primaria sementaron máis igualdade e respecto...
Se pasades pola Praza da Estrela igual o vedes por alí!
Nós xa o paseamos polas aulas do cole!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!