O mes de febreiro foi moi intenso no tocante a actividades relacionadas coa lingua galega.
Sendo o mes do Entroido, traballamos receitas típicas desta festividade tan nosa e recuperamos o tradicional pasarrúas pola zona peonil do Calvario. Alén diso, sumámonos á celebración do Día de Rosalía de Castro.
Velaquí algúns exemplos das actividades.
RECEITAS DE ENTROIDO
Grazas á participación e implicación do alumnado e familias levamos a cabo esta actividade, coa que pretendimos coñecer costumes e tradicións gastronómicas do Entroido das distintas comunidades e países.
Con todas as achegas creamos o libro "Receitas de Entroido" que está á vosa disposición na biblioteca do centro. Velaquí algúns exemplos:
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. Aproveitamos a ocasión para coñecer a súa vida e disfrutar da súa obra facendo distintas actividades como retratala, recoller palabras que nos lembrasen a ela e ata a vestimos cos seus versos. Adiante exemplos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!