Éranse uns trasnos que pretendían que o galego desaparecera
e un cole que usaba a lingua galega para que non se perdera..
O Cole Pombal de Vigo promovía o galego para que o idioma seguira vivo malia os trasnos que querían velo desparecido.
Preme para ler "Cantares Gallegos" |
Para que os trasnos non puideran co galego rematar,
no Pombal o Día das Letras Galegas comezaron a preparar.
Este ano lémbrase a Francisco Fernández del Riego,
Profesorado e alumnado crearon un precioso mural
comparando a Fernández del Riego co que fan no Pombal.
Preme para abrir o collage |
As clases fixeron investigacións e exposicións,
Ata un experto , Ramón Nicolás, viu ao cole facer unha presentación,
culminando no patio con brillantes actuacións.
Alumnado de 6º actuando |
Para salvar o galego dos trasnos outro ano,
organizouse no Pombal un gran meigallo:
unha gran foliada no patio para os trasnos espantar
e da música galega poder gozar
que nos vídeos de abaixo podes visualizar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!