CELEBRAMOS OS MAIOS 2023!
Neste mes de maio toda Galicia celebra a festividade dos Maios, que data de tempos prerromanos e coa que se conmemora a chegada da primavera. Tradicionalmente pídense boas colleitas adornando as vilas con estruturas florais e organizando romarías e bailes populares.
No Pombal sumámonos a esta celebración como podedes ver nas imaxes inferiores. Se queredes máis información sobre as celebracións en Vigo, que se organizan este domingo 14 de maio, velaquí a nova do Atlántico Diario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!