Como é habitual no CEIP Plurilingüe O Pombal conmemoramos o Día de Rosalía, unha figura histórica e emblemática para Galicia, a súa lingua e as súas xentes.
Cada curso fixo diferentes actividades adaptadas ao seu nivel, das que poñemos unha breve escolma.
DECORACIÓN DE ESPAZOS COMÚNS
Algúns cursos adornaron os corredores e zonas comúns con retratos, poemas e maletas, xa que as viaxes son o proxecto de centro deste ano, ligando incluso a poesía coa emigración, un tema fundamental na historia de Galicia.
LIBROS, POEMAS, CALIGRAMAS E XOGOS
Noutros cursos traballaron poemas e caligramas a ata inventaron un xogo de preguntas e respostas moi interesante desta insigne escritora.
PROGRAMA NA RADIO ESCOLAR
Gravouse un podcast para a Radio Escolar, que podedes escoitar na sección da Biblioteca dedicada á radio.
VISITA VIRTUAL Á SÚA CASA-MUSEO
Aproveitando as vantaxes das novas tecnoloxías visitouse a súa casa-museo sen necesidade de trasladarnos presencialmente a Padrón. Podedes facer a visita premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!