Este ano a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas á autora e música coruñesa Luísa Villalta. Velaquí algúns recursos para coñecela.
Neste vídeo o alumnado de 5º do Colexio San Pío X achéganos a esta muller tan activa a prol da lingua.
Recomendámosvos ler esta biografía adaptada á rapazada titulada "Violino, inglesa e o libro xigante", que está web de Primavera das Letras.
E agora que coñecemos á autora homenaxeada, toca traballar!
No porche principal hai unha exposición dos carteis gañadores do concurso que fixo o alumnado do CEIP Raquel Camacho.
Premendo na imaxe inferior iredes a unha morea de actividades interactivas e fichas para colorear relacionadas con Luísa Villalta da web PRIMAVERA DAS LETRAS.
E tamén o Seminario Galán oferta moitas actividades diversas para todos os cursos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!