Fieis á nosa cultura, no CEIP Plurilingüe O Pombal volveremos conmemorar os Maios. Nesta festa as xentes de Galicia celebraban a primavera construíndo e bailando arredor dos "Maios", como fixemos o ano pasado.
Como novidade, este ano a Asociación de Veciños do Calvario organiza unha exposición no Mercado, na que participaremos achegando o Maio do Pombal que construiremos entre familias, alumnado e profesorado.
Pedimos colaboración ás familias e alumnado para que traiades entre o luns 19 e martes 20 de maio algunhas das seguintes herbas, que podedes deixar nas caixas que haberá fronte á entrada do edificio principal.
Na celebración colexial cantaremos tod@s xunt@s a tradicional copla de Curros Enríquez da que deixamos a letra e un fermoso vídeo así como o himno de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!