
Orixe e significado do Samaín
Samaín provén da palabra gaélica "Samhain", que significa "fin do verán".
Era o momento no que os celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán ao inverno). Tamén coincidía co momento no que as ánimas dos defuntos visitaban os seus fogares e familiares ao longo da noite.
Segundo a tradición, sería un día no que coincidirían os vivos e os mortos e, para que os atopasen, os vivos poñían luces nas súas xanelas que lles orientasen no seu camiño. Inicialmente adoitaban usar nabos e, un tempo despois, impúxose a cabaza.
Tradición do Samaín en Galicia
Desde hai uns anos está a recuperarse esta tradición celta grazas, entre outras cousas, á tarefa do profesor Rafael López Loureiro, que documentou a galeguidade do Samaín e promoveu o rescate desta festa por toda Galicia.
Empezou por recuperar na súa Cedeira natal a "tradición das caveiras", que se converteu en todo un reclamo turístico.
Pero hai moitos pobos e vilas de Galicia que contan cos seus propios costumes e tradicións de Samaín.
A cabaza, a gran protagonista do Samaín
Non hai Samaín sen cabazas. Porque o costume máis arraigado desta tradición é a elaboración de cabazas "terroríficas". Decóranse con caras que dan medo, colocándolles pequenos paus a modo de dentes e poñendo unha vela dentro da cabaza para escorrentar aos malos espíritos ao longo desa noite.
Pero cada zona ten o seu propio ritual coas cabazas do Samaín en Galicia.
Así, en Quiroga, despois de decorala, consérvase para empregala como máscara no entroido.
En Ribadavia teñen a súa "Noite Meiga", durante a que veciños/as e visitantes ataviados con disfraces "terroríficos" desfilan polo centro histórico da vila.
En Catoira, esa noite sae a "Procesión das caveiras" a percorrer as rúas. Participan nenos e adultos cos seus disfraces aterradores e levan as súas cabazas iluminadas con velas.
Na zona das Rías Baixas, ás cabazas chámanlles "calacús". Así, en Pontevedra celébrase "A noite dos calacús" na que maiores e pequenos decoran os seus "calacús" nun taller e logo colócanos nas xanelas e portas dos edificios da zona vella da cidade para que iluminen a noite.
Samaín en Galicia, noite de disfraces
Outra das tradicións máis populares desta noite de Samaín en Galicia é disfrazarse.
Cal é o motivo? Antigamente en Galicia vestíanse con peles e cabezas de animais para escorrentar as bruxas e os espíritos malignos.
E así chegamos ata hoxe. Mantéñense os disfraces, aínda que con outro tipo de vestimentas, sempre relacionados con situacións terroríficas e, por suposto, mantendo o bo humor e a alegría.
COÑECE A ORIXE E AS LENDAS DO SAMAÍN:
PASAPALABRA SAMAÍN :
Na sala de mestres do cole, deixamos unha cesta moi terrorífica con diferentes actividades para o alumnado.
MÚSICA:
CANCIÓN OS MONSTRIÑOS
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA - O SAMAÍN
SAMAÍN (Con pictogramas)
CANCIÓN: CORRE, CORRE CABACIÑA
"BRINCA VAI!": NO SAMAÍN
MARÍA FUMAÇA: "MEDO ME DA"
A MODA DO SAMAÍN:
SAMAÍN:
COREOGRAFÍAS:

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!