11.11.25

MAGOSTO

HISTORIA DO MAGOSTO.

Recibe este nome a festa que se organiza no mes de novembro, especialmente o día de Todos os Santos e o de San Martín para asar e posteriormente comer as castañas.

Antigamente era frecuente acompañar os magostos con viño novo.
Normalmente as mozas achegaban as castañas e os mozos o viño. Tamén se comía pan de trigo e outros alimentos da época.

Terminaba o magosto con xogos e bailes. O xogo máis común era o de tiznarse a cara uns a outros con cinza.

Os zonchos eran colares ou rosarios de castañas cocidas coa monda e atravesadas cun fío, esta é un costume que hoxe en día aínda se mantén.

Actualmente realízanse os magostos en case todos os lugares de Galicia, pois se tenta recuperar o costume, aínda que só se da importancia ao feito para comer as castañas e facer a festa.


XOGO:



RECURSOS:  (Preme na imaxe)





REFRÁNS:

Castañas, noces e viño
fan as delicias do San Martiño.

Xa sopra o vento 
¡chegou o momento!
Cun amplo sorriso 
regaña o ourizo. 

Ven Santos chuvioso
con moitos magostos
¡As ricas castañas
quentiñas asadas! 


A castaña ten unha maña
que se vai con quen a apaña.

A castaña no ourizo 
eu ven che sei o que fai.
Se é que está verde, madura 
e se está madura, cae.

E festa faremos grandes e pequenos.
Arredor do lume Estouros e fume.

Co negro tizón ¡vaia diversión! 
tiznareiche a cara ¡despois a lavala! 

Con ricos magostos 
e contos fermosos
¡Feliz San Martiño!
farto e entretido. 


ADIVIÑANZAS: 

Está en MES e non en TRES 
Repítome tres veces en CASTAÑA. 
Son a primeira letra de GUSTO. 
Son a última letra da frase anterior. Quedo no medio de FESTA.
Aparezco no SOUTO e desaparezco en SOUBO.
Son a letra que se repite en OUTONO. 

(MAGOSTO) 


Ten pelexo como a xente,
e é moi boa para comer; 
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tés. 

(CASTAÑA)


Alto me vexo no meu capelexo,
 por unha risada quedei sen nada.

(CASTAÑA)


No aire se cría, no aire se ten; 

bota unha risada e perde o que ten

(CASTAÑA)


Unha cousiña cousa, 

criada no monte,

enxoita na casa 

e cómese sen tasa.

(CASTAÑA)


Alto vivo, mírame a xente

e se me río quedo sen dente.

(CASTAÑA)


 Alto estou cor de ouro teño

 e por unha risotada perdo o que teño.

(CASTAÑA)




Na semana do magosto, nas clases de Educación Física, practican a colección de xogos populares da Concellería de Xuventude do Concello do Grove para así saber xogar o día da festa.















MÚSICA:


  







Na próxima entrada, poderemos ver que ben o pasamos!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!