23.2.26

ROSALÍA DE CASTRO

Este ano imos ter más presente que nunca a Rosalía, xa que coma nós, tamén  foi a musa de Begoña Caamaño (homenaxeada deste ano polo Día das Letras Galegas).

No limiar que escribiu para o libro de Uxía, "Rosalía pequeniña", dicía que “Rosalía sería hoxe, como daquela, unha nena guerreira, gustaríalle o rock tocado con gaita e vestiría de punki”

A Real Academia Galega, púxose en contacto co noso cole para facer a presentación da autora homenaxeada polas Letras Galegas por parte de Primavera das Letras, xa que ela forma parte da historia do noso barrio: O Calvario.



Neste acto adicarémoslle un lugar especial a Rosalía de Castro, pero iso quedará para a seguinte publicación xa que é sorpresa.

Deixamos coma sempre algunhas actividades e xogos para traballar nas aulas.













Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!