30.4.26

MAIOS

Xa estamos no mes de maio e con el... a nosa propia celebración na escola en colaboración cos nenos e nenas e as súas familias!

Coma ben sabedes, a festa dos Maios é unha festividade estreitamente relacionada coa agricultura e a celebración do espertar da vida vexetal, do poder rexenerador da natureza que coincide coa chegada da Primavera, do bo tempo, dos días máis longos e co comezo do ano agrícola. É posible que este tipo de celebración naceran co fin de festexar e de dar grazas á natureza pola súa xenerosidade e polo don da fertilidade e, ó mesmo tempo, servir de medio para garantir e propicia-los dons da fecunda Nai Terra.














Pedimos colaboración ás familias para que o alumnado colabore na súa montaxe traendo o xoves 7 de maio algunhas destas variedades de plantas:

  • FIÚNCHOé unha planta aromática de talo delgado e follas moi abundantes das que poden saír flores. Será a base do maio polo que precisamos mooooooooito fiúncho!
  • HERBAo céspede, fentos ou a herba que medra libremente tamén pode empregarse para a base.
  • XESTAS: son arbustos bravos con moitas pólas flexibles e flores amarelas que caen facilmente. Atópanse nos montes e espazos pouco coidados.
  • FLORES: valen para adornar a estrutura e atópanse por zonas con vexetación como margaridas, cardos, flores silvestres, calas, etc...



No seguinte vídeo podedes ver como se fai un Maio:



Para cantar e bailar...








CURIOSIDADES:























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!