29.10.20

LETRAS GALEGAS outubro 2020


 "O mundo actual, ao meu xuízo, camiña cara unha internalizazón da vida social, e o mesmo ten que ocorrer coas linguas". 

Conversas en Compostela con Carvallo Calero. 

 

Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 - Santiago de Compostela, 1990). Sobresaíu como historiador de literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas. Na súa extensa obra, abrengue múltiples xéneros literarios: poesía, teatro, novela ou ensaio, destacando pola súa labor investigadora e por ser un gran estudoso das letras galegas.

O seu traballo foi recoñecido ao longo da súa vida en diversas ocasións. Recibiu a Medalla Castelao da Xunta de Galicia en 1.984 e o concello de Ferrol concedeulle o título de Fillo Predilecto en 1.990.

A Real Academia Galega decidiu trasladar a celebración do Día das Letras Galegas do 17 de maio ao 31 de outubro, debido ás restricións derivadas da Covid-19, porque coincide co 110º aniversario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero.

En maio, o noso colexio, o CEIP Plurilingüe O Pombal, conmemoramos telemáticamente o día das Letras Galegas 2.020, a través de recursos on line, subidos ao noso blogue "Medramos coa Nosa Lingua"

Xa que este curso o proxecto do centro é "Un curso de película" mirade o trailer de presentación de Carvalho Calero. Para visualizalo clicade na seguinte imaxe.


 

Animádevos a participar nestes xogos interactivos sobre Ricardo Carlvalho Calero. 

 

 

Poema musicado polo grupo Marful: PIDO TAL VEZ: Ricardo Carvalho Calero - Ugia Pedreira - Marful 
 
 
 
 
Na nosa biblioteca temos libros sobre o homenaxeado. Deixámosvos aquí as fotos. 




 Premendo no seguinte enlace tendes máis recursos dende a biblioteca.


 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!