Hoxe falaremos dunha desas tradicións outonais da nosa terra que fai que, cada ano, todos esteamos a esperar con ganas esta época: O MAGOSTO.
Trátase dunha festa con gran tradición. Adóitase celebrar nas dúas primeiras semanas do mes de novembro e, nestas reunións, cánticos, bailes, contos e xogos populares adoitan acompañar a degustación deste manxar. Aínda que a súa orixe débese ao desexo das xentes dos pobos de celebrar que a colleita chegara ao seu fin.
O certo é que estamos ante unha tradición profundamente arraigada en Galicia. E non é de estrañar, xa que esta é unha terra chea de castiñeiros. Durante anos as castañas formaban parte importante da alimentación dos galegos, perdendo algo de importancia coa chegada da pataca e outros alimentos de América.
Vídeo: O MAGOSTO EN GALICIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!