9.11.20

Santa Cecilia de película

 

A nosa vida ten unha banda sonora única e enriquécese co tempo.

Parabéns porque levas a música dentro: cantas, bailas, tocas,.... porque a música enriquécenos e fainos vibrar.

Acompáñanos toda a vida, cando corremos e escoitamos música, cando facemos deporte, cando xogamos coa consola, vemos a TV, escoitamos a radio, .....

 

 Desfrutade da música das bandas sonoras.

 Alejandro Amenabar e Carlos Núñez

(preme na imaxe para escoitar a Banda Sonora)

Alejandro Amenábar compuxo a banda sonora da súa película Mar adentro, en compañía do seu principal aliado musical, o gaiteiro Carlos Núñez. Este confesou que o seu encontro co realizador foi "unha sorpresa". "De súpeto atopeime cun director de cinema que adora a música e enfróntase a ela de maneira sutil e minuciosa.”

Nun principio o realizador só lle pediu permiso para utilizar a súa impresionante versión de Negra sombra (xunto a Luz Casal e RyCooder), que o personaxe de Rosa programa na radio de Boiro. Logo, afianzada a amizade entre ambos, Núñez, o seu irmán Xurxo e o buzukista Pancho Álvarez terminaron interpretando case a metade da banda sonora. Amenábar mostrouse agradecido: "Carlos soubo conseguir que a música non pise a película, senón que despegue con ela".

  


OS MORENOS DE  LAVADORES

 

Os Morenos de Lavadores tiveron a súa orixe no grupo Airiños de Cabral, formado polos gaiteiros Constante Moreda Vázquez e Manuel Oliveira Blanco, Vicente Clemata Piñeiro "Firma" no tamboril e Román Salgueiro Rodríguez no bombo.

O nome Os Morenos de Lavadores ten a súa orixe na pel escura dos irmáns. Oliveira Blanco.

O cuarteto que tivo máis éxitos e participaron en películas, estaba formado polos irmáns: Manuel e Xosé Oliveira Blanco, nas gaitas, Olimpio Alonso Grobas no tamboril e José Suárez Rodríguez no bombo.

 Interviñeron nas películas:

EL FAMOSO CARBALLEIRA

A publicidade da época salientaba como por primeira vez o rico folclore galego ameniza unha película española”

Os exteriores da película foron rodados en Vigo.

Os Morenos de Lavadores aparecen polo menos dúas veces durante a longametraxe.


MAR ABIERTO do director galego Ramón Torrado

  (preme na imaxe)

Os Morenos compartiron papel con actores de gran reputación naqueles anos como Maruchi Fresno e Jorge Mistral.

Nesta película compartiron escenas coa Coral de Ruada.


 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!