6.5.21

Letras Galegas - Xela Arias

Este ano dedícase o día das Letras Galegas a Xela Arias. 

Xela Arias naceu en Sarria, aínda que pasou a maior parte de su vida en Vigo, onde chegou a ser un referente do mundo editorial e da poesía. 

En 1986 é finalista do Premio Losada Diéguez coa obra 'Denuncia do equilibrio'. Tamén foi finalista do Premio Esquío con 'Lili sen pistolas', un libro que aínda hoxe permanece inédito. 

Posteriormente publicou 'Tigres coma cabalos' (1990), 'Darío a diario' (1996) e 'Intempériome' (2003). Ademais, participou en libros colectivos como 'Palabra de muller' (1992), 'Rosalía na palabra de once poetas galegas' (1997) e 'Daquelas que cantan' (Fundación Rosalía de Castro, 2000).

Para ver unha biografía máis completa da escritora, pinchade na seguinte imaxe.

Na súa obra 'Tigres coma cabalos' (1990) colabora con ela o fotógrafo Xulio Gil, onde poesía e fotografía dialogan a través de corenta e oito poemas e outras tantas imaxes. Botade unha ollada á fermosa galería de imaxes no seguinte enlace.

A Real Academia Galega conta cunha programación das Letras Galegas 2021, na que a linguaxe audiovisual será un dos piares fundamentais, cunha serie documental chamada Xela Arias. A palabra esgazada. Trátase dunha achega en 6 capítulos á vida e á obra da autora guiada polas propias palabras da homenaxeada. 

 Xela Arias. A palabra esgazada | Real Academia Galega

Continuando coashomenaxes, o Consello da Cultura Galega publica en edición facsimilar Non te amola!. É un relato das experiencias da autora aos nove anos, das que acontecen e das que lembra, e incluso das mentiras que se lle ocorren e que as veces poden ser o mellor do día.

 

Para coñecer un pouco máis de Xela Arias e como pensaba, compartimos con vós algunhas entrevistas ou documentos audiovisuais sobre a autora:

  


 

E para que traballedes un pouco esta interesante figura das nosas letras, deixamos algunhas propostas que nos parecen que vos van gustar.


 

 

  

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!