Despois da semana dedicada a Xela Arias con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, queremos compartir con vós os traballos feitos no Pombal a través dalgunhas fotografías.
Agasallo para Darío Gil na súa visita ó Pombal.
Fixéronse chapas para conmemorar o día das letras e entregar tanto a
Darío Gil na súa visita, como ao alumnado e profesorado. O deseño é da
compañeira de Infantil Angélica.
Decoración do colexio con motivo da conmemoración.
Queremos compartir tamén a sorte que tivemos de contar coa presenza de Darío Gil Arias, fillo da poeta homenaxeada. Os nenos e nenas de 6º fixéronlle unha entrevista e así todos puidemos aprender un pouco máis sobre Xela Arias da man do protagonista do seu libro Darío a diario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!