2.6.21

Cíes e Roque: Operación Reconquista

Esta semana os nenos e nenas de 2º, 3º, 4º e 5º levarán como agasallo a última aventura de Cíes e Roque, na que estes amigos viven en primeira persoa a Reconquista da cidade en 1809.

“Cíes e Roque: Operación Reconquista” é un libro da autora Amaia Mauleón, e ilustrado por Pablo Rosendo, que achega ós escolares á historia da cidade para que coñezan o feito histórico da Reconquista, destacando os valores de valentía, paz, solidariedade e amizade da cidadanía naquel momento.

O libro continúa a pequena serie, iniciativa do Concello de Vigo, que empezou “A aventura de Roque en Vigo, a cidade das cores”, onde os protagonistas percorren os espazos e monumentos máis importantes da urbe e “O máxico Nadal de Cíes e Roque en Vigo”, onde coñecen os principais atractivos da celebración navideña na cidade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!