A primavera tingue Galicia con verde e coas cores das flores espalladas polos nosos montes. Desde tempos antigos nas aldeas galegas celebrouse esta época de abundancia, calor e alegría construíndo "Maios", estruturas cónicas que representan unha árbore e arredor das que a xente baila e canta coplas populares.
No CEIP Plurilingüe O Pombal sumámonos a conmemorar esta tradicional festividade galega dos Maios. Neste artigo podedes ver o proceso co que un ano creamos o maio coa colaboración de todo o colexio.
Pedimos colaboración ás familias para que o alumnado colabore na súa montaxe traendo o xoves 2 e o venres 3 de maio:
- FIÚNCHO: é unha planta aromática de talo delgado e follas moi abundantes das que poden saír flores. Será a base do maio polo que precisamos mooooooooito fiúncho!
- HERBA: o céspede, fentos ou a herba que medra libremente tamén pode empregarse para a base.
- XESTAS: son arbustos bravos con moitas pólas flexibles e flores amarelas que caen facilmente. Atópanse nos montes e espazos pouco coidados.
- FLORES: valen para adornar a estrutura e atópanse por zonas con vexetación como margaridas, cardos, flores silvestres, calas, etc...
Na celebración a xente baila arredor dos Maios e canta coplas populares como estas de Curros Enríquez:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!