Haberá unha categoría infantil para o alumnado do centro e outra categoría adulta para familiares do alumnado.
Como pretendemos acadar unha alta participación existe total liberdade no tocante á temática, ao formato (manuscrito, mecanografado, ilustrado ou non...), ao xénero escollido (poesía, relato, conto, cómic...). A única condición obrigatoria é que sexa un texto orixinal escrito en galego, pois é a festa da nosa lingua!
Os traballos poden entregarse ás persoas titoras ata o día 13 de maio. Se tedes dúbidas podedes preguntalas aquí.
Animádevos a participar e deixade que voe a imaxinación!
BASES:
- As persoas participantes deben ser alumnas ou alumnos do CEIP Plurilingüe O Pombal ou familiares.
- Os traballos presentados deben ser orixinais ou serán descartados e poden ser individuais (un alumn@) ou colectivos (parellas ou grupos).
- As obras deben ser textos escritos redactados en lingua galega.
- Temática, formato, extensión e xénero libres.
- Haberá dúas categorías: infantil, para alumnado de Primaria, e adulta, para familiares de Infantil e Primaria).
- O xurado está formado por mestras e mestres do centro.
- Outogaranse premios relacionados coas Letras Galegas.
- Os traballos serán entregados á persoa titora antes do 13 de maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!