Chegou o Entroido! A festa galega máis celebrada volverá encher de cor, alegría e bos momentos o noso cole, o barrio e todas as vilas de Galicia.
O proxecto deste ano "Pombaleir@s en forma!", que ten que ver con hábitos saudables, será o tema central da nosa celebración, que como sempre rematará este venres 28 co tradicional pasarrúas pola zona peonil do Calvario.
A modo de preparación o Meco dita unha orde diaria que debe ser cumprida. Preme na imaxe para descubrir as ordes do Meco para este Entroido 2025 ou aquí para escoitarllas!
O venres 28 de febreiro é o gran día:
- 11:15h: abriremos as portas do centro para facer as fotos de grupo.
- 12h: comezaremos a saír polo Camiño Pombal para ir desfilar á zona peonil do Calvario con outros colexios e a Asociación de Veciños/as.
A rapazada irá coa comparsa do grupo, relacionada co proxecto anual dos hábitos saudables. As familias estades convidades a acompañarnos polos laterais das comparsas, deixando que o alumnado vaia no centro coa súa clase.
Velaquí os nomes das comparsas:
Para rematar, queremos agradecer a colaboración das familias e do equipo docente para que todas e todos poidamos gozar desta festa tan nosa e tan divertida.
Lembrade que os vindeiros luns 3, martes 4 e mércores 5 de marzo non hai clase, polo que volveremos ás aulas o xoves 6 de marzo.
COMEZA O ENTROIDO 2025!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!