24.2.25

DÍA DE ROSALÍA 2025


Un ano máis no CEIP Plurilingüe O Pombal celebramos un aniversario moi especial. Este 23 de febreiro faría anos a nosa escritora máis importante: Rosalía de Castro.

Neste aniversario agasallámoslle con algo moi especial, o seu soño feito realidade: enchemos Galicia de galego, a lingua que ela defendía e amaba!
Para iso a rapazada decorou mapas de Galicia que encheu con fermosas palabras en galego da súa escolla e colocounos onda a imaxe de Rosalía que nos dá a benvida ao edificio novo.


Tamén nesta semana os timbres de entrada foron substituídos polos seus poemas musicalizados e o alumnado de 4º e 5º gravou un podcast moi interesante que podedes escoitar premendo no logo da radio.
Grazas a todas as persoas que fixeron posible este aniversario tan especial. Rosalía continúa viva e o galego tamén!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!