A Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas 2025 ás cantareiras que fixeron da poesía popular unha arte e un acto de resistencia a prol da lingua.
No CEIP Plurilingüe O Pombal conmemoraremos este día tan noso cun certame musical, unha celebración colexial e traballando as figuras das homenaxeadas nas aulas.
🎵CERTAME MUSICAL
Aberto a alumnado e familias e cunha soa condición: gravar en galego! Consulta toda a info
💙AS HOMENAXEADAS
Pero... quen foron Adolfina, Rosa, Eva, Manuela, Teresa, Prudencia e Ascensión? Na serie de vídeos "se canto é porque quero" a Real Academia Galega dá a coñecer ás cantareiras homenaxeadas.

🎉CELEBRACIÓN COLEXIAL
A celebración deste ano será diferemnte pois por coincidencia de datas imos celebrar o Día das Letras Galegas cos Maios. Entre outras cousas cantaremos a copla "Os Maios", de Curros Enríquez, e o himno galego. Velaquí as letras o os audios.🎵
📚MATERIAL DIDÁCTICO
📒Guía de actividades da Xunta de Galicia, elaborada polo CEIP Pl. Celso Emilio Ferreiro de Cerdeda (A Coruña):
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!