Este ano, coma ven sabedes, o Día das Letras Galegas está adicado a Begoña Caamaño.
Veciña do noso barrio do Calvario, loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade, tecendo redes de amizade e escribindo. Nas súas obras, deulles voz e puxo no centro a mulleres que a literatura deixara nun segundo plano.
Na seguinte presentación podedes ver e escoitar un pouquiño máis sobre a súa vida.
https://drive.google.com/drive/folders/1_oYknwqSRK9qI9SrYx0VdNduploFgp8K
PARA SABER MÁIS , PREME NAS IMAXES
| Min: 39:45 |
| PARA "AQUELAS QUE DIXERON NON" |
| A CONEXIÓN LITERARIA FEMINISTA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026 |
BIBLIOGRAFÍA:
Sinopse
A través dos textos de Icía e Xosé Manuel Varela e as evocadoras ilustracións a dobre páxina de Nerea Gómez, o alumnado poderá mergullarse: Na pegada vital da autora: Desde a súa infancia no Calvario e a súa formación, ata a súa faceta como xornalista de radio e prensa e o seu incansable activismo social. Nos recursos didácticos integrados: O libro inclúe mapas do mundo grego e da Materia de Bretaña, así como redes de personaxes que facilitan a comprensión das súas grandes obras, Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle. No legado de actualidade: Outros capítulos amósanos a presenza viva e actual do legado da autora das letras como foi a homenaxe Begoñísima ou a mención ao seu premio homónimo que permiten traballar na aula valores como a igualdade, a sororidade e a memoria histórica. Escoller este libro para o centro supón dotar á biblioteca dunha peza de coleccionista que combina o rigor informativo coa beleza estética. É a ferramenta ideal para que o alumnado conecte emocionalmente cunha muller que soubo viaxar polas nosas raíces para explicarnos o mundo contemporáneo.
Sinopse
A vida de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, foi un fío extraordinario que se pode seguir nas páxinas desta biografía ilustrada. Desde a súa infancia inventando xogos ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega, Begoña loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade, tecendo redes de amizade e escribindo. Nas súas obras, deulles voz e puxo no centro a mulleres que a literatura deixara nun segundo plano. O fío de Begoña rompeu cedo de máis, pero os fíos da memoria permanecen e manteñen vivo o legado dunha figura clave na cultura galega contemporánea.
Sinopse
Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada nas Letras Galegas de 2026, foi unha muller excepcional que fixo da palabra un acto de rebeldía e sororidade. Nesta biografía novelada, catro voces míticas -Circe, Penélope, Morgana e Xenebra- reúnense para narrar a vida desta autora fundamental, desde a súa infancia en Vigo ata o seu papel clave na cultura galega contemporánea. Xornalista, activista e escritora, Begoña Caamaño loitou pola igualdade, a dignidade e a liberdade nunha Galicia en transformación, tecendo redes de amizade e compromiso. Un relato apaixonante que nos convida a descubrir a forza da amizade, a importancia da memoria e o poder das mulleres que, como Begoña, lles devolveron a voz ás esquecidas.

Sinopse
A nena que perdeu un zapato na lama axuda a comprender as raíces da obra posterior de Caamaño, marcada pola atención ás voces silenciadas, pola relectura do mito e pola vontade de pensar o mundo desde outros puntos de vista. Nestra proposta, desvélanse algunhas das claves vitais e simbólicas da autora homenaxeada.



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!