Para celebrar o Día das Letras Galegas no cole, o alumnado de 5º e 6º de primaria, representaron unha obra de teatro onde fixeron un percorrido pola vida e a obra de Begoña Caamaño.
Todo o alumnado foi a vela, incluso tiveron unha visita inesperada: o alcalde de Vigo, Abel Caballero, non quixo perderse esta función.
No seguinte enlace podedes ver a noticia:
https://xornal.vigo.org/noticias/33462-o-alcalde-celebra-o-dia-das-letras-galegas-co-ceip-o-pombal
Tamén colaboramos coa biblioteca de proximidade X. Neira Vilas, facendo unha exposición cos traballos feitos polo noso alumnado para coñecer e lembrar a Begoña.

E rematamos esta semana adicada ás Letras Galegas e a Begoña Caamaño, cunha merendola para agradecer todo o esforzo que fixo a nosa rapazada.














Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentario en proceso de revisión. Grazas!